Sabes que significa o símbolo da sandía que levan políticos do BNG e PSdeG?

Algúns deputados e deputadas do Parlamento galego levaban nas súas prendas na sesión do día 22 de novembro o símbolo dunha sandía.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/11/2023 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

Deputadas e deputados de diferentes grupos políticos portaban esta mañá durante o Pleno do Parlamento Galego insignias coa imaxe dunha sandía como símbolo de solidariedade co pobo palestino. Esta iniciativa, impulsada pola Coordinadora Galega de ONG o Desenvolvemento, busca pór o foco na crítica situación que vive a rexión e exhortar á comunidade internacional a esixir o cesamento inmediato da ofensiva israelí en Gaza e Cisxordania.

Pontón cunha sandía na súa chaqueta
Pontón cunha sandía na súa chaqueta | Fonte: Coordinadora Galega de ONGD para o desenvolvemento

A elección deste símbolo non é casual. O uso da sandía, que comparte as cores da bandeira palestina (vermello, negro, branco e verde) popularizouse tras a Guerra dos Seis Días de 1967, cando Israel fixou como delito a exhibición pública da bandeira palestina en Gaza e Cisxordania, territorios que ocupou naquel momento. Na actualidade a sandía representa a solidariedade con Palestina en todo o mundo. 

As insignias foron entregadas xunto cunha carta asinada por 650 organizacións na que se insta a todas as forzas políticas a comprometerse co dereito internacional e humanitario. Desde a Coordinadora valoran de maneira positiva a visita do presidente do Goberno de España Pedro Sánchez a Israel e Palestina o día 23 de novembro e pide o  compromiso de  todas as forzas políticas ante unha crise humanitaria destas dimensións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta