Sanidade volverá licitar o contrato para derivar abortos a clínicas privadas despois de quedar deserto por falta de ofertas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2023 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou que o contrato de 1,4 millóns de euros para derivar interrupcións de embarazo voluntarias a clínicas privadas volverá ser licitado despois de que quedara deserto por falta de ofertas a mediados de outubro. O responsable de Sanidade respondeu así a unha pregunta feita pola deputada do PSdeG Noa Díaz no pleno do Parlamento de Galicia celebrado este mércores. Alí, García Comesaña insistiu en que o contrato responde a unha demanda do Consello de Contas e que non choca co dereito das mulleres a poder realizar abortos en hospitais públicos, algo que está "garantido" en "todos" os hospitais de "todas" as áreas sanitarias.

Bebé
Bebé | Fonte: INE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta