Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/11/2023 | Actualizada ás 15:04
Que pasa no PP para que non se poñan de acordo sobre o papel que a ultradereita pode ter nas futuras eleccións galegas?. E é que, en Madrid, a opinión é moi diferente a que se ten en Galicia, ou iso é o que parece se sw escoitan as opinións de Miguel Tellado ou de Alfonso Rueda, sumamente diverxentes.
Este mesmo xoves, o vicesecretario de Organización Territorial e home de total confianza de Feijóo, reclamaba nunha entrevista en ESRadio ao partido de Abascal non facer “o idiota” ao lembrarlles o acontecido nas eleccións do 25X: "Xogando ao ventaxismo entre partidos estamos errando". "Xogámonos unha maioría absoluta que non é fácil", engadía sobre as eleccións galegas.
Pouco despois falaba o presidente galego sobre a mesma cuestión e cunha opinión diferente. "Cada forza político que faga o que que crea convinte", respostaba para suliñar, inmediatamente, que, "seguro que as forzas da esquerda están moi interesadas en que Vox teña forza". "Eu o que teño é que pedirlle é a confianza aos galegos para non depender de ningunha alianza e, obviamente, nin de Vox, nin de ningún partido", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.