Sen datos en Galicia sobre a folga xeral que promoveu este venres o sindicato vinculado a Vox

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2023 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

Nin a Xunta nin Solidariedade dispoñen de información sobre incidencia en Galicia da folga xeral que promoveu este venres o sindicato vinculado a Vox. Fontes da Consellería de Facenda consultadas por Europa Press indican que carecen de datos, do mesmo xeito que fontes da organización, que admiten que teñen "pouca implantación" na comunidade galega, e sinalan á realización de piquetes informativos noutros puntos da Península. O DOG publicou o xoves dúas ordes da Xunta coa relación de servizos mínimos previstos para a folga xeral que convocou para este venres Solidariedade, sindicato vinculado a Vox, como protesta contra a lei de amnistía e os pactos do PSOE para a investidura de Pedro Sánchez.

O líder de Vox, Santiago Abascal
O líder de Vox, Santiago Abascal | Fonte: Matias Chiofalo - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta