Podemos es os "Cuneros de Esquerdas"

Semella que “os cuneros” estaban desterrados da práctica electoral da “vella casta” representada pola aristocracia e os partidos de dereita no século XIX e XX. Da man de Podemos novamente regresan os candidatos Cuneros, esta vez de “Esquerdas”. O termo cunero empezou a empregarse durante o século XIX para referirse concretamente aos candidatos estraños ao distrito e que estaban patrocinados polo Goberno. Co mesmo significado, e no mesmo ámbito, emprégase a palabra “paracaidista”.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 02/07/2015

Comparte esta noticia
O noso Alfonso Castelao criticou duramente esta práctica nos seus escritos e nos seus debuxos. Agora en poucos días na interna de Podemos vanse a elixir os candidatos de Podemos para encabezar cada provincia do Estado Español. Tomando a todo o territorio como circunscripción única. Isto vai determinar por exemplo que o numero 1º de Podemos pola provincia de Pontevedra poderá ser de Canarias, o de Ourense de Estremadura, o de Lugo de Andalucía e o de Coruña de Navarra. 
 
Podemos ten, parece ser, “moi claro” o problema nacional e a conformación do modelo de Estado. Desde que fala da “Patria española”, esta decisión non é nada sorprendente. Esta proposta entra en contradición cos que pensamos que debemos confluír nunha alternativa ampla en Galicia, onde coincidan os partidos nacionalistas, as plataformas cidadás e as esquerdas rupturistas. Como será posible conformar unha lista en cada provincia, si algúns dos candidatos como os de Podemos, non serán galegos, nin coñecerán os problemas da provincia e do noso país? Como poderá crearse unha representación propia no parlamento español, que sexa a voz de Galicia ante o Estado?
Esta errónea e provocadora decisión política imposibilita calquera acordo electoral con Podemos. Estas e outras imposicións desta organización están levando a que nas próximas eleccións as forzas de esquerda no ámbito estatal e nas comunidades históricas, teñan que ir necesariamente divididas. O ultimo portazo a Esquerda Unida e este modelo de elixir os seus candidatos, soamente favorece a división da esquerda e o triunfo electoral do PSOE, a outra parte da Casta.
 
Anova, EU e as Mareas aceptarán esta nova imposición unilateral? As bases de Podemos  aceptarán estas eleccións aceleradas e teledirixidas, con candidatos que xogan co cabalo do ganador?. Agora é o momento de saber quen é quen na esquerda galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.