O PPdeG critica a submisión de Besteiro a Sánchez: "Non ten axenda propia"

Di que o "tripartito conformado polo PSdeG, Sumar e o BNG" está "débil" e "ensimesmado en resolver os seus lios internos"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/12/2023 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que o candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, "non ten axenda propia nin é quen de presentarse con algo para Galicia" pese ao uso que fai de "todas as institucións que ten o PSOE".

"Está a utilizar todas as institucións que ten o Partido Socialista, como a Delegación do Goberno, a Fegamp, as deputacións que gobernan pero, insisto, non ten axenda propia nin é capaz de presentarse con algo para Galicia", manifestou este venres en declaracións aos medios en Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Paula Prado lembrou que participou no equipo negociador do PSOE para a investidura de Pedro Sánchez, "condonando a débeda de Cataluña", con "diñeiro tamén para o País Vasco", pero "para Galicia absolutamente nada".

REBAIXA DO IVE

A secretaria xeral do PPdeG visitou este venres a Praza de Abastos de Santiago de Compostela xunto a membros da formación como o portavoz parlamentario, Alberto Pazos, e o portavoz do PP local, Borja Verea.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, visista a Praza de Abastos de Santaigo con cargos do partido. PPDEG
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, visista a Praza de Abastos de Santaigo con cargos do partido. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta