Triplícanse os procesos contra persoas con débedas en Galicia no último ano

Baixan un 23% os de empresas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2023 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Os concursos de persoas físicas por débedas triplicáronse en Galicia ao longo do último ano á vez que os de empresas descenderon un 22,3%, segundo os datos publicados este luns polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

En total, os órganos xudiciais galegos rexistraron 379 concursos no terceiro trimestre de 2023, un 89,5% máis que nas mesmas datas do pasado ano. Destes, a maioría (298) foron de particulares sen actividade empresarial por débedas, un tipo de concurso que se incrementou un 297,3%.

Pola súa banda, os procesos deste tipo presentados por persoas naturais empresarias tamén descenderon un 61,5% ao pasar de 39 a 15 do terceiro trimestre de 2023 ao mesmo período temporal deste ano.

O informe do CGPJ recolle cifras de lanzamentos, que baixan un 1% ata os 303, dos cales, 259 (o 85,5%) foron por falta de pagamentos de aluguer (+4%). Outros 32 corresponderon a execucións hipotecarias --un 37,3 % menos que en 2022-- e, os 12 restantes, derivaron doutras causas.

Deste xeito, executáronse 9,6 lanzamentos por cada 100.000 habitantes, a sexta taxa máis alta do Estado por detrás de Canarias (13,3), Illas Baleares (13), Cataluña (12,6), Comunidade Valenciana (11) e Asturias (10,3). Ademais, por cada 100.000 habitantes practicáronse 1,2 execucións hipotecarias.

Fachada principal do Xulgado Penal número 1 de Lugo, a 16 de novembro de 2023
Fachada principal do Xulgado Penal número 1 de Lugo, a 16 de novembro de 2023 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta