Besteiro é elixido presidente da Comisión de Transportes e Regades será portavoz do PSOE na de Agricultura

No seu discurso, o candidato socialista, destacou a "importancia vital" que as infraestruturas teñen na economía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2023 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O deputado socialista no Congreso pola provincia de Lugo e candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, foi elixido este luns como presidente da Comisión de Transportes. Ademais, o parlamentario por Pontevedra David Regades será o portavoz dos socialistas na Comisión de Agricultura e Pesca.

Na súa comparecencia na Comisión, da que informou no PSdeG nun comunicado, Besteiro subliñou a relevancia que a mobilidade e o transporte supoñen para a igualdade de oportunidades da cidadanía e a mellora da calidade de vida dos cidadáns, garantindo cidades máis habitables, transportes máis seguros e respectuosos co medio ambiente e accesible para todos e todas. "Como galego, sei o importante que é a cohesión territorial e social, para que todos os territorios teñan as mesmas oportunidades, sen veciños de primeira ou de segunda", manifestou.

No seu discurso, destacou a "importancia vital" que as infraestruturas teñen na economía, facilitando a captación de investimentos e a industrialización verde, e solicitou a colaboración de todos os membros desta Comisión para "consolidar a mobilidade como un dereito esencial das persoas que, ao tempo, facilite o acceso a outros dereitos fundamentais como o traballo, a sanidade, a educación ou o lecer".

Besteiro asegurou que hai unha oportunidade no actual contexto tecnolóxico, ambiental, social e económico en España e Europa para avanzar cara a un territorio máis cohesionado e continuar pola senda da transición ecolóxica, liderando a descarbonización con procesos e modelos respectuosos co medio ambiente. "Temos que adecuar a mobilidade e infraestruturas ao novo contexto global", afirmou. Por último, o novo presidente da Comisión de Transportes agradeceu a confianza depositada nel para liderar este órgano.

REGADES, PORTAVOZ DE AGRICULTURA

Por outra banda, o deputado no Congreso pola provincia de Pontevedra e secretario provincial do PSOE, David Regades, foi elixido portavoz do PSOE na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación. O PSdeG destacou o peso deste órgano para Galicia, ao tratarse dun sector "estratéxico". 

José Ramón Gómez Besteiro, deputado socialista./PSOE - Arquivo / Europa Press
José Ramón Gómez Besteiro, deputado socialista./PSOE - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Como gallego que soy... (manda carallo) https://twitter.com/jrgomezbesteiro... Mellor será que fale co Ministro para cesar ao Presidente de Renfe & Adif e volver a poñer no cargo a Isabel Pardo de Vera (de Lugo) e bastante máis competente para mellorar o ferrocarril en Galicia ! Pero vai ser que segun o Ministro Oscar Puente os trens en Galicia teñen que ir na Carta aos Reis Magos ! Qué pinta Besteiro presidindo a Comisión de Transportes ? Nada de nada de nada... !!!