Os concellos terán ampliado o prazo para presentar as xustificacións de compra de vehículos para servizos sociais

Estas axudas permitirán que as Administracións locais beneficiarias poidan adquirir coches de emisión cero, eco ou etiqueta C que melloren o funcionamento dos seus servizos e centros sociais.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/12/2023 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a ampliación de prazo para que os concellos xustifiquen as axudas para a adquisición de vehículos destinados a servizos sociais e para mellorar a accesibilidade de espazos públicos.

Diso informou a Xunta nun comunicado, no que dá conta de que a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou este luns Crecente, un dos concellos que resultou beneficiado destas axudas para comunicarlles este cambio no procedemento.

A través da orde de accesibilidade, destinada a concellos cun censo máximo de 10.000 habitantes, os concellos e as mancomunidades beneficiarios contarán con axudas para a mellora da accesibilidade, e a supresión de barreiras en edificios, instalacións, equipamentos e espazos públicos. As administracións locais teñen de prazo ata o mes de maior para xustificar estas actuacións que terán un prezo máximo de 48.400 euros.

Pola súa banda, tamén se lle amplía o prazo para xustificar as axudas para a adquisición de vehículos de servizos sociais ata o mes de maio. Estas axudas permitirán que as Administracións locais beneficiarias poidan adquirir coches de emisión cero, eco ou etiqueta C que melloren o funcionamento dos seus servizos e centros sociais.

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visita este luns Crecente (Pontevedra). XUNTA
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visita este luns Crecente (Pontevedra). XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta