Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2023 | Actualizada ás 13:15
A senadora do BNG Carme da Silva solicitou a comparecencia no Senado de varios ministros do Goberno para que expliquen as liñas de actuación de desenvolverán os seus departamentos, en especial no relativo a Galicia, durante esta lexislatura.
Ademais de ser membro nato na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas, a senadora do BNG será a portavoz de seis comisións na cámara territorial. Desde a Comisión de Igualdade ata a de Vivenda e Axenda Urbana, pasando pola Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade, Traballo e Economía Social, Transición Ecolóxica, así como de Transformación Dixital.
No seu papel, Carme da Silva comprometeuse a "traballar na mellora da vida dos galegos, así como das maiorías sociais". "Desde a mellora dos servizos ferroviarios, o aumento do financiamento autonómico e municipal, blindar e conquistar novos dereitos ou a defensa dos nosos sectores produtivos", dixo a senadora., Exteriores, Dereitos Sociais e Política Territorial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.