Publicada no DOG a lei que para a Xunta sitúa a Galicia na "vangarda da igualdade"

O texto, aprobado en solitario polo PP na Cámara galega, entrará en vigor aos 20 días da súa publicación.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/12/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a nova Lei de Igualdade de Galicia, un texto que actualiza a normativa galega aprobada en 2004.

A lei foi aprobada o pasado día 21 de novembro no pleno do Parlamento de Galicia con só os votos a favor do PP, tendo en conta que a oposición optou pola abstención ao considerar que carece de "avances" e queda nunha "simple declaración de intencións".

No pleno, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, destacou que coa aprobación desta lei finalizan "anos" de "duro traballo e negociacións" cos axentes sociais, persoal experto e partidos para "conseguir un texto á altura das circunstancias".

"Permite actualizar o marco normativo e situar á Comunidade á vangarda da igualdade", dixo conselleira, que sinalou que a súa aprobación vén precedida dun proceso de elaboración "aberto e participativo", marcado por unha "vocación de diálogo" para tratar de conseguir "o maior consenso posible", "tamén no ámbito parlamentario". A nova Lei de Igualdade de Galicia entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na entrega dos selos RSE. XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na entrega dos selos RSE. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta