'Á procura da estrela', do vigués Carlos Martínez-Peñalver, abre este martes a 8ª edición de Novos Cinemas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

A 8ª edición do festival Novos Cinemas inaugurarase este martes coa proxección de 'Á procura da estrela', primeira longametraxe do vigués Carlos Martínez-Peñalver e que xa foi premiado no festival de cinema alternativo de Barcelona L'Alternativa, no Porto/Post/doc e no certame Entrevues de Francia.

A apertura do festival terá lugar ás 20,30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada gratuíta e, tras a proxección da película, haberá un coloquio co director e parte do equipo do filme. Trátase dunha obra rodada na Serra de Estrela, entre o documental e a ficción, e que xa pasou en 2019 por Novos Cinemas #LAB.

Antes desta proxección, o programa do festival contempla tamén a proxección de pezas do taller que Novos Cinemas realiza en colaboración coa Universidade de Vigo, e impartido polo cineasta Berio Molina. No taller 'A xogos coa realidade', celebrado hai uns meses, os participantes buscaron novas maneiras de transformar a realidade a través do cinema, introducindo a cámara en situacións cotiás.

Presentación da programación do festival Novos Cinemas.. NOVOS CINEMAS
Presentación da programación do festival Novos Cinemas.. NOVOS CINEMAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta