A montañas galegas cubriranse de neve cun descenso das temperaturas

En concreto, segundo a predición de Meteogalicia, o miéroles haberá circulación do noroeste, polo que se espera a entrada de aire frío en Galicia e inestabilidade atmosférica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2023 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

As montañas galegas por encima dos 1.000 metros esperan para mañá a chegada da neve, cun descenso das temperaturas e precipitacións xeneralizadas.

En concreto, segundo a predición de Meteogalicia, o miéroles haberá circulación do noroeste, polo que se espera a entrada de aire frío en Galicia e inestabilidade atmosférica.

Con iso, o ceo estará parcialmente anubrado, con chuvias xeneralizadas de norte a sur e coa cota de neve nos 1.000 metros ao empezar a xornada. Ascenderá progresivamente a partir do mediodía ata os 1.200 metros.

As temperaturas sufrirán un moderado descenso. As mínimas, por cidades, oscilarán entre os 4 graos de Lugo e os 11 da Coruña, mentres que as máximas das urbes roldarán os 12 a 14 graos. O vento soprará moderado do noroeste no litoral, con intervalos fortes no litoral norte, e frouxo no interior.

Unha vaca rodeada de neve en Pedrafita do Cebreiro, 2019.. CARLOS CASTRO - Europa Press - Arquivo
Unha vaca rodeada de neve en Pedrafita do Cebreiro, 2019.. CARLOS CASTRO - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta