O programa Xuventude Crea premia a María Albores en Modas e Adrián Abal en Xoias

Os gañadores en cada unha destas especialidades recibirán un premio en metálico de 3.000 euros, os segundos clasificados levarán 1.500 euros e a dotación económica para os terceiros é de 1.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2023 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

A boirense María Albores, na categoría de Moda, e Adrián Abal, en Xoias, foron os vencedores destes dous ámbitos no programa Xuventude Crea, que este martes se deron a coñecer.

A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, participou en Santiago na inauguración da exposición de Moda e Deseño de Xoias do programa Xuventude Crea, que acolle a Igrexa da USC e que se poderá visitar ata o próximo 8 de xaneiro. Durante a presentación, na que participou a vicerreitora de Cultura da Universidade de Santiago, Pilar Murias, tamén se deron a coñecer os gañadores deste ano nestas dúas categorías, os últimos que quedaban por coñecerse de entre as 14 especialidades existentes no programa.

En concreto, na categoría de Moda o primeiro premio foi para María Albores, de Boiro, pola súa obra 'Un wenn sie nicht gestkregen sie, dann lieben sie noch heute'; o segundo premio foi para Julia Lameiro, de Ames, por 'Lilith'; mentres que o terceiro premio recaeu en Noemi Comesaña, de Vigo, por 'Albatros'.

Pola súa parte, na categoría de Xoias o primeiro premio foi para Adrián Abal, de Negreira, pola súa obra 'Camisetría'; o segundo foi para Daniela Alonso, de Santiago, por 'A cumbia das miñas mostruos TL Pista'; e o terceiro foi para Mª Madelen Ramos, de Vigo, por 'Da miña terra'.

Os gañadores en cada unha destas especialidades recibirán un premio en metálico de 3.000 euros, os segundos clasificados levarán 1.500 euros e a dotación económica para os terceiros é de 1.000 euros.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, co presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Ramón Manuel Domínguez.. CONCHI PAZ
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, co presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Ramón Manuel Domínguez.. CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta