Por Fernando de Arana | Viveiro | 12/07/2015 | Actualizada ás 14:00
O Resurrection Fest arranca a semán que ven en Viveiro con moi boas novas e é que este
ano cumple o décimo aniversario sabendo crecer a modo e sitúandose agora mesmo coma
referente no seu xénero en Europa. Para a ocasión contan con auténticos mitos da escea
metaleira e do hardcore mundial. Nomes coma Refused, Korn ou Motorhead destacan nun
cartel que este ano conta con 78 bandas repartidas ao longo de seis xornadas de concertos.
Se ben os días máis fortes resultarán xoves, venres e sábado, previa compra de entrada ou abono; este ano haberá varios concertos de balde: o luns e martes no Casino de Viveiro con bandas da terra Our Last Odyssey, Tierra Hostil, Outlines, Blue Meth State, Vortex, Back In Town e Black Coffee e o mércores xa no interior do recinto, tamén de balde, con Biohazard, ProPain, Killus e The Decline ao carón de bandas galegas como Bastards On Parade o Mutant Squad.
Do xoves ao domingo, terá lugar a fase monstruosa do Resurrection con Refused, Motorhead, Korn, Black Label Society, Soulfly, Toundra, Kadavar, Berri Txarrak, In Flames e así ata completar unha interminable lista de grupos da primeira liña do punk, hardcore ou
metal nun descomunal cartel.
Haberá tamén unha exhibición de deportes extremos e a organización oferta distintias
fórmulas de acampada para asistir a un evento que achega público de todolos lugares á vila da Mariña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.