IU-EU suxire que unha coalición con Sumar e Podemos como a "mellor opción" de cara ás eleccións

A organización que dirixe Eva Solla prepárase, en todo caso, para un escenario sen pactos e concorrer ás eleccións

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/12/2023 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

Izquierda Unida-Esquerda Unida celebrou este sábado unha coordinadora nacional de urxencia tras os últimos acontecementos no espazo político que se conformou para as xerais do mes de xullo. Por unha banda, matiza as declaracións do portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, sobre a presenza desta organización no proxecto do que é portavoz e suxire, doutra banda, que unha coalición a tres como a que houbo o 23 de xullo segue sendo a súa opción preferente, polo que trataría de reconducir as negociacións.

Nunha xornada na que Sumar Galicia fixo a súa posta de longo coa vicepresidenta segunda e líder de Sumar, Yolanda Díaz, IU-EU convocou a súa coordinadora ante unha convocatoria electoral "inminente" e a "falta de acordos firmes con Movemento Sumar para a conformación dunha coalición electoral a nivel galego".

IU-EU e Sumar Galicia tiveron unha reunión o pasado domingo na que quedou desinvitada Podemos Galicia despois de que o cinco deputados da formación morada no Congreso fósense para o grupo mixto. Isto "paralizou" as conversacións que xa non se retomaron coa organización que dirixe en Galicia Borja San Ramón e, en días pasados, o portavoz de Sumar Galicia deu por resolta esta situación e centrou o proxecto en abrirse "a persoas".

Pero IU-EU tamén busca unha fórmula de coalición como vía electoral para concorrer aos comicios e, ante as declaracións nas que se daba por feita a entrada en Movemento Sumar, a Coordinadora Nacional de EU, que dirixe Eva Solla, "descarta categoricamente esa afirmación e lembra que a organización segue defendendo a necesidade de chegar a un acordo de coalición no que teñan cabida as principais sensibilidades políticas da esquerda federalista".

Esquerda Unida lembra que as eleccións autonómicas previstas para este 2024 "deben ser un punto de inflexión dun país que leva décadas sumido na destrución do sistema público, da industria e dos sectores primarios".

ALTERNATIVA QUE AGLUTINE

Así, urxe unha vez máis "unha alternativa política que aglutine as forzas da esquerda", polo que a coordinadora nacional, "a falta de propostas concretas por parte de Movemento Sumar, comeza a preparar a súa propia candidatura cara ás próximas eleccións autonómicas", deixando a porta aberta a posibles acordos e apelando á responsabilidade dos outros partidos para alcanzalos.

"Temos que pasar das palabras aos feitos. O tempo aprema e non debemos demorar a construción dunha alternativa política en Galicia. Esta organización ten toda a vontade de aglutinar forzas, pero se esa realidade non se materializa, Esquerda Unida estará preparada para presentar a súa proposta política ante a sociedade galega", sentenciou Eva Solla.

Os contactos de Esquerda Unida e de Podemos Galicia, que estaban avanzados antes de que Movemento Sumar constituísese na Comunidade, tampouco se deron por pechados e as canles de diálogo, por tanto, mantéñense.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida / Europa Press / Europa Press
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Nos toman por parvos! A primeira opción é que SumarGalicia roubará os cadros que teñan maior tirón electoral entre as bases (Eva Solla & Borja San Ramón) serán fichados para ocupar un lugar ben visible nas Listas Electorais... Outra posibilidade é que entre Eva Solla e Yolanda xoguen outro xogo máis sutil... Deixar fóra a Esquerda-Unida para logo (se pillan cacho no Goberno da Xunta) colocar a todas en Cargos Ben Remunerados ! SumarGalicia non será máis que unha Axencia de Colocación de Cadros ~ Rubén Pérez xa está de Secretario de Estado de Xuventude e Infancia á sombra Sira Rego (EU-IU) Así que poden deixar de marear e falar claro de vez, e non tomar por pavos aos galegos !