O PSdeG responde a Sumar: "Non nos conformamos con gobernar. Queremos gañar"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou que os socialistas van pelexar para gañar as eleccións galegas. "Non nos conformamos con gobernar", recalcou de face a un posible acordo de goberno con outras formacións.

Fíxoo ao ser cuestionado este luns polos xornalistas, nun acto na Coruña, sobre o chamamento da líder de Sumar e vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, de traballar "en conxunto" co BNG e o PSdeG para "gañar a Xunta".

"Entendo que calquera formación política progresista que leva comprobando que as políticas económicas, culturais, sociais e demográficas en Galicia empobrecen o país teñan ansias por entrar no Goberno da Xunta de Galicia", afirmou Formoso.

A este respecto, apuntou que o seu partido coincide "absolutamente" con este argumento. "Compartimos loxicamente esa visión", dixo . A pesar diso, o dirixente socialista incidiu en que os socialistas non se conforman con gobernar e que o seu obxectivo é gañar os comicios galegos.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso | Fonte: PSdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta