Os galegos viaxan máis e gastan máis en cada viaxe

No terceiro trimestre realizaron 2,9 millóns de viaxes no terceiro trimestre e gastaron un 26% máis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

Os galegos realizaron máis de 2,9 millóns de viaxes no terceiro trimestre deste ano, o que supón un 3,4% máis que no mesmo período de 2022, segundo os últimos datos da Enquisa de Turismo de Residentes (Familitur) publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Desta maneira, no que vai de ano os residentes en Galicia acumulan 7,18 millóns de saídas, case un 7% máis que no tres primeiros trimestres do exercicio pasado, cun gasto de 2.013 millóns, un 16,9% máis. A duración media das viaxes dos galegos subiu (+7,3%) ata os 4,54 días no terceiro trimestre, quedando nos 3,6 días no que vai de ano, un 3,48% menos.

O número de pernoctacións incrementouse un 10,88% entre xullo e setembro, ata 13,3 millóns de noites. No que vai de ano esta cifra subiu un 3,2%, ata 25,8 millóns. O gasto medio por persoa foi de 338,62 euros, case un 22% máis no terceiro trimestre. En todo o ano, este dato quedou nos 280,02 euros, un 9,2% máis. Así, o gasto medio diario por persoa foi de 74,63 euros no terceiro trimestre de 2023 e de 77,78 euros no que vai de exercicio.

DATOS ESTATAIS

Os residentes en España realizaron durante o terceiro trimestre do ano un total de 60,6 millóns de viaxes, o que supón un 6,7% máis que o mesmo período de 2022, sempre segundo datos do INE.

Panel do aeroporto de Alvedro
Panel do aeroporto de Alvedro | Fonte: CONCELLO DE CULLEREDO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta