A Cámara galega disolverase o vindeiro martes con 37 leis aprobadas, 15 máis que na anterior lexislatura

A convocatoria electoral paraliza a actividade lexislativa doutras normas que entraron recentemente, como a Lei de cultura inclusiva.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/12/2023 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia disolverase o vindeiro martes, día 26 de decembro, con 37 de leis aprobadas nesta lexislatura, 19 delas con Alfonso Rueda na Presidencia da Xunta.

A Cámara quedará disolta coa publicación o vindeiro martes no Diario Oficial do Galicia (DOG) da convocatoria electoral anunciada este xoves polo máximo mandatario autonómico e candidato popular á reelección.

Rueda, que se enfrontará o próximo 18 de febreiro aos seus primeiros comicios como candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, viu como se aproban durante a súa etapa como titular do Goberno galego 19 textos lexislativos, catro deles no pleno desta semana --a lei de orzamentos, a de acompañamento, a de Calidade Alimentaria, así como a de traspaso da AP-9--.

Ademais destas 19 leis aprobadas baixo a presidencia de Rueda, outras 18 normas viron a luz verde na lexislatura que termina, neste caso con Alberto Núñez Feijóo como presidente do Goberno galego.

CUARTA LEI PARA O TRASPASO DA AP-9

Entre as aprobadas figura a cuarta lei en sete anos para reclamar o traspaso da AP-9. O texto saíu adiante por unanimidade o pasado martes para o seu envío ao Congreso dos Deputados. Con todo, a convocatoria das eleccións paraliza a actividade lexislativa doutras normas que entraron recentemente na Cámara galega, como o caso da Lei de cultura inclusiva.

Así as cousas, a pesar do atípico de 2020 sen unha soa norma aprobada --mesmo as leis de orzamentos de 2021 e a de medidas fiscais e administrativas correspondentes a ese exercicio aprobáronse en xaneiro do mesmo ano--, o mandato péchase cunha maior produción lexislativa que o anterior: o último que Alberto Núñez Feijóo completou como presidente, cando só 22 leis viron a luz no Hórreo.

UN MANDATO CUNHA INÉDITA SUBSTITUCIÓN NA PRESIDENCIA

Este XI Lexislatura, Galicia viviu unha situación inédita na historia da autonomía e é que o presidente que fora elixido as urnas en xullo de 2020, Alberto Núñez Feijóo, abandonou o seu cargo para converterse no líder do PP estatal tras unha profunda crise no seu partido que levou por diante o liderado de Pablo Casado.

Parlamento de Galicia
Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta