Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 18:45
O Mercado de Abastos de Santiago de Compostela acolleu este xoves a presentación de Pescaenverde, a ecoetiqueta que promove prácticas pesqueiras amigables co medio ambiente.
A certificación conta co apoio científico do Grupo de Investigación de Biotecnoloxía Ambiental da USC, dirixido por Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación quen explicou o valor da ecoetiqueta xunto a Marta Rey, xerente do Mercado de Abastos.
Pescaenverde é unha ecoetiqueta que achega información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medio ambiente, "ao mesmo tempo que achega un valor engadido aos produtos que incorporan a marca", dixo o profesor da USC.
Para conseguir esta ecoetiqueta, as empresas deben obter unha certificación que abarca a Pegada de Carbono e a Taxa de Retorno Enerxético ao longo do ciclo de vida do produto, desde a captura do peixe ata a súa chegada á lonxa. Esta iniciativa busca favorecer a venda nun mercado altamente competitivo á vez que contribúe á xestión sustentable dos procesos produtivos do sector pesqueiro desde perspectivas ambientais e económicas, informa a USC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.