Sanitarios e asociacións en defensa de Palestina protestan contra os ataques a hospitais en Gaza

Decenas de persoas manifestáronse este sábado ás portas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Decenas de persoas manifestáronse este sábado ás 12,00 horas ás portas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela "en repulsa aos ataques a hospitais, centros de saúde, ambulancias, escolas médicas e persoal sanitario" en Palestina por parte do Estado de Israel. Unha concentración que se repetiu tamén fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Na de Santiago participaron tanto persoal sanitario como as asociacións Mar de Lumes, Asociación Galaico Árabe Jenin, BDS Galiza e Galiza por Palestina. Nela puidéronse escoitar consignas como 'Israel asasina, Europa patrocina', 'Os hospitais de Gaza non son unha ameaza' e 'Bombardear un hospital é un acto criminal'.

Ao finalizar, representantes das organizacións leron un manifesto a través do cal traballadores e traballadoras da sanidade galega brindaron o seu "apoio e solidariedade" aos sanitarios palestinos. Nel afirmaron que o bombardeo de ambulancias e hospitais "é un crime de guerra" que converte en vítimas ás persoas que teñen que coidar e socorrer ás "vítimas do xenocidio contra o pobo palestino", polo que "non poden quedar calados".

Tamén condenaron as "políticas de apartheid e a violencia tanto física como simbólica, psicolóxica e económica do estado se Israel contra a poboación árabe de Palestina" e quixeron lembrar que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) Israel lanzou máis de 250 ataques contra centros sanitarios "abarrotados", tanto en Gaza como en Cisxordania.

Sanitarios e asociacións en defensa de Palestina concéntranse fronte ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
Sanitarios e asociacións en defensa de Palestina concéntranse fronte ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta