18F.- Rueda "españoliza" a campaña: "Aquí en Galicia competirán o BNG e o PSdeG por ser socios de Bildu"

Considera, como Feijóo, que todos os candidatos da oposición en Galicia "son os de Pedro Sánchez".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/12/2023 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Bildu, ERC, Junts, Feijóo e Pedro Sánchez centran a campaña electoral en Galicia. O presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, tirou de ironía este xoves e meteuse de cheo na política española, arrastrando con el, ao PSdeG e o BNG. 

Feijóo e Rueda participan nun acto de precampaña en Santiago
Feijóo e Rueda participan nun acto de precampaña en Santiago | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Así, e aproveitando a investidura do novo alcalde de Bildu en Pamplona, apoiado polos socialistas, Rueda criticou os "pactos ocultos" que o PSOE mantén coas formacións independentistas e ironizou; "aquí en Galicia agora competirán o BNG e PSdeG por ser socios preferentes de Bildu e o BNG o vai ter difícil con este pacto --o de Pamplona--".

O líder dos populares galegos dixo que, a partir de agora, "iranse sabendo cousas", en relación a posibles pactos que o PSOE ten con "Bildu, Junts e Esquerra". "Os que nos contaron son prexudiciais para Galicia e os que veñan serán aínda máis así que estaremos atentos", dixo ao tempo que pediu unha "fronte común" cos partidos da oposición en Galicia para "facer un fronte común ante estas desiguladades".

Rueda tamén se referiu ás medidas anticrise aprobadas polo Executivo español este martes e, a pesar de recoñecer como "boa" a ampliación dos bonos gratuítos de Renfe en 2024. Con todo, foi moi crítico con Sánchez por non rebaixar o IVE da carne ou do peixe e por non anunciar ningún novo xulgado de violencia de xénero novo para Galicia. 

CANDIDATURAS EN GALICIA

Por outra banda, aludiu ao pacto 'in extremis' acadado entre Sumar e Podemos para ir xuntos nunha mesma lista electoral. Un acordo que dinamita parte do seu discurso actual no que xa daba por feito un "cuatripartito" na Xunta se o PPdeG non gaña. "Únense dous partidos que xa foron unidos nas eleccións ao Congreso e que, logo, a primeira decisión que tiveron foi romper", dixo augurando que en Galicia acontecerá o mesmo.  

E, nesta liña, tamén confirmou o dito polo líder do PP estes días, Alberto Núñez Feijóo, que dixo que todos os candidatos que se presentan en Galicia son os de Pedro Sánchez. "Aquí hai unha candidatura do PP que non via pactar con ninguén e outra que van pactar todos", dixo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta