Unións Agrarias pide que se axilice o pago de axudas aos afectados pola praga de ratas toupo

Nas comarcas da montaña de Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2024 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) demandou á Xunta que axilice o pago das axudas aos gandeiros afectados pola praga de ratas tuopo nas comarcas da montaña de Lugo.

Nun comunicado emitido este luns, Unións saúda a apertura destas compensacións económicas, aínda que considera que chegan "con atraso" despois de "anos de loita".

Ademais, reclamou que se manteñan estas axudas en futuros exercicios porque "o problema causado polas ratas topo nos prados segue sen resolverse" nos concellos das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.

Axudas contra as ratas.. ANA VARELA - XUNTA - Arquivo
Axudas contra as ratas.. ANA VARELA - XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta