Licitada a redacción do plan do parque empresarial de Carballiño-Maside

Por algo máis de medio millón de euros.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/01/2024 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou este mércores a licitación, por algo máis de medio millón de euros, da redacción do plan estruturante do parque empresarial de Carballiño-Maside, en Ourense.

Este parque empresarial supón a ampliación do parque existente na Uceira, no Carballiño, que se estenderá ata o municipio veciño de Maside. Así o trasladaron o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, nunha reunión con empresarios e representantes de ambos os concellos.

Inicialmente, prevese que o parque empresarial ocupe unha superficie de 1,2 millóns de metros cadrados, dos que case un millón emprazaranse no termo municipal de Maside. A superficie destinada a parcelas será duns 910.000 metros cadrados, e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas para acceder ao chan dispoñible ata o próximo 16 de febreiro.

O director do IGVS, Heriberto García. XUNTA
O director do IGVS, Heriberto García. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta