Podelandia

Achegámonos ás próximas eleccións xerais e a pesar da calor do verán e as vacacións, o ambiente político está bastante movido. Por unha banda Podemos segue coa súa obsesión triunfalista, intentando impoñer a súa marca “redentora”, negociando soamente nos lugares onde non pode competir. A táctica de Pablo Iglesias nos últimos meses foi intentar destruír, o que queda de Esquerda Unida, para quedarse con algunhas das súas figuras máis votables, para o seu proxecto persoal.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 31/07/2015

Comparte esta noticia
Doutra banda o sector de IU e o PCE de Alberto Garzón respóndelle a Podemos cun Podemos bis, que é Agora en Común. Esta nova marca naceu co só obxecto de terminar nos posibles ocos que lle deixe Pablo Iglesias, na súa lista.
Agora en Común é parte das concepcións ciudadanistas que están tan de moda e que tarde ou cedo a práctica política, determinará que son formas de converxencias inoperantes.
 
O que está claro, é que o sistema aposta polo PSOE, como expresión de recambio político. As equivocacións dos últimos tempos de Pablo Iglesias e o seu partido, converterano na segunda forza do espazo socialdemócrata. A actitude sectaria de Podemos está xogando a favor de que o próximo goberno sexa dos social liberais, coa o apoio desta forza política emerxente. Isto significa que novamente a casta seguirá gobernado o Estado español.
 
Malia esta análise que pode soar como pesimista, dada a necesidade de derrotar ao bipartidismo e abrir un proceso constituínte, o certo é que novos actores políticos presaxian algúns cambios no escenario electoral.
 
Por unha banda os distintos sectores da esquerda rupturista que non coinciden nin con Podemos, nin coa súa fotocopia mala. Entre eles sectores críticos da propia Esquerda Unida, tamén sectores que recentemente romperon co PSOE como Beatriz Talegón e Sotilllos. A recente fundación da Esquerda como partido político e a súa instalación en distintos lugares do Estado, son un dato para ter en conta.
 
Aínda que a noticia máis significante destes últimos días é a decisión de Bildu de participar dun proceso constituínte a nivel estatal e do seu compromiso de axuntar forzas para sacar do goberno ao PP de Mariano Rajoy. Por primeira vez esta forza independentista, fai un chamamento a confluír nunha fronte política, entre a esquerda rupturista estatal, coas esquerdas soberanistas.
 
As esquerdas en Galicia tamén deben reflexionar no sentido que fixo Bildu. Sumámosnos á moda ciudadanista? Ou construímos unha Fronte Popular que abra un proceso constituínte en Galicia? Para iso como sinala claramente a esquerda abertzale debemos de combinar sen prexuizos os dous procesos constituíntes que son paralelos e non contradictorios. O do Estado español e os das nacións históricas. E nos dous debemos de implicamos, ser parte, porque nos afectan a todos.
 
A manifestación unitaria do 25 de xullo foi unha clara demostración de que contamos con organizacións políticas patrióticas dispostas a iniciar un proceso constituínte, onde o noso pobo teña o dereito soberano a decidir.
 
Para novembro temos a gran responsabilidade de construír o tan anhelada Fronte Ampla das Esquerdas Rupturistas. As nacións e pobos do Estado requíreno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.