Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/01/2024 | Actualizada ás 20:32
A exconcelleira e actual xefa de gabinete no Concello de Ourense, Susana Gómez, será a número dous na lista coa que Democracia Ourensana concorrerá ás eleccións autonómicas o próximo 18 de febreiro pola provincia. Así o deu a coñecer este luns o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social 'X', no que explica que Susana Gómez acompañará ao número un da formación, Armando Ojea, á fronte da candidatura coa que a súa formación concorrerá á cita electoral. Susana Gómez foi concelleira de Democracia Ourensana, cargo ao que renunciou en 2015 tras un distanciamento co rexedor. Con todo, nos últimos tempos exerce como xefa de gabinete da formación no Consistorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.