A confianza empresarial baixa en Galicia no comezo de ano, mentres crece en España

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2024 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A confianza empresarial cae medio punto en Galicia no primeiro trimestre do ano, o que contrasta co incremento do 0,6% en España, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este venres.

Galicia é unha das catro únicas autonomía onde descende a confianza empresarial, xunto con Cantabria, Baleares e A Rioxa. De xaneiro a marzo, o balance de expectativas, diferenza entre as opinións dos empresarios optimistas (18,4%) e os pesimistas (17,8%), situouse neste caso en Galicia en positivo por 0,6 puntos, cun 63,8% con opinión normal (nin optimista nin pesimista).

En España, o Indicador de Confianza Empresarial Harmonizado subiu un 0,6% no primeiro trimestre deste ano, volvendo así aos ascensos tras a caída do 2% que experimentou no último cuarto de 2023.

Confianza empresarial en Galicia. EPDATA
Confianza empresarial en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta