O xigante NTT, propietario da coruñesa Everis, obtén grandes beneficios

A empresa nipoa comprou Everis en 2013 por 550 millóns de euros. Só no primeiro trimestre deste ano obtivo 2.659 millóns de beneficio.

Por GC Emprende | A Coruña | 05/08/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O xigante de telecomunicacións nipón NTT Data obtivo entre abril e xuño un beneficio neto de 193.300 millóns de yens (1.430 millóns de euros), un 30% interanual máis, grazas ao aumento da súa facturación e ao recorte de custos.

Xuntanza de traballo en Everis
Xuntanza de traballo en Everis | Fonte: Everis

A finais de 2013, a compañía nipoa adquiriu a totalidade da consultora e provedora de servizos de tecnoloxía Everis, que conta cunha sede na Coruña e unha importante presenza na comunidade galega, nunha operación cuxo custo estimado ascendeu a 550 millóns de euros.

No citado período, primeiro trimestre do ano exercicio nipón, NTT obtivo un beneficio operativo de 358.000 millóns de yens (2.659 millóns de euros), un 20% interanual máis, segundo anunciou este mércores.

Trátase dunha cifra marca e do quinto incremento interanual consecutivo, explicou nun comunicado a empresa nipoa, que achacou esta mellora dos seus resultados a "medidas de control dos custos" no seu segmento de telefonía móbil, así como ao aumento das súas vendas.

A facturación da compañía tokiota, matriz da empresa galega Everis, ascendeu a 2,7 billóns de yens (19.980 millóns de euros), un 2,5 por cento máis que entre abril e xuño do anterior exercicio fiscal.

Central de Everis na Coruña
Central de Everis na Coruña | Fonte: Everis

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta