Por BNGRibeira (http://bng-ribeira.gal) | GC ABERTO | 05/08/2015
No mes de abril deste ano, o BNG presentaba unha denuncia contra o alcalde de Ribeira e a súa concelleira de educación por realizaren unha Feira de Ensino, no que participaban diversos centros de ensino da zona, no Novo Mercado Municipal.
A Xunta Electoral de Zona (XEZ) confirma agora que infrinxiron a lei, en concreto o artigo 50.2 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral “toda vez que o desenvolvemento da Feira de Ensino no Novo Mercado Municipal supuxo unha difusión dos logros acadados pola corporación municipal“. Ademais esa inauguración encuberta denunciada polo BNG só atendía a fins electoralistas.
Atendendo a estas circunstancias e ante o seu posible impacto no electorado a Xunta Electoral de Zona propón unha sanción de 600€.
Desde o BNG-AA destacan que a sanción confirma que o PP infrinxiu a lei inaugurando de maneira encuberta o novo mercado para obter réditos electorais e partidistas. Así mesmo, avala que as accións emprendidas polo BNG foron as correctas.
A denuncia do BNG e a proposta de resolución da XEZ poden verse integramente na web bng-ribeira.gal
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.