Revolución no mundo cultural

  

A decisión do xurado do premio de poesía Miguel González Garcés de desposuir deste galardón a Eduardo Estévez en favor de Xavier Lama abriu un pequeno cisma no mundo cultural galego...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/09/2008 | Actualizada ás 09:03

Comparte esta noticia

None

E é que o propio Estévez nunca ocultou que parte dos seus poemas formaban parte dun proxecto posto en marcha no seu blog. Parte do xurado coñecía esta circunstancia pero, no seu día, considerou que, deste xeito non se vulneraban as bases do concurso. Non contaban con que o segundo "clasificado", Xavier Lama, presentara un recurso. Unha situación que obligou a recuar ao xurado logo da implicación da Deputación da Coruña, patrocinadora do premio.

 

Nin as explicacións do xurado nin a xustificación de Lama convencen a moita xente da cultura. A decisión, escrupulosamente regulamentaria, non deixa de ser inxusta, e abre un importante debate sobre a calidade dos premios, os seus xurados e, especialmente, sobre os novos formatos da creación cultural, principalmente, Internet. Máis información en Bretemas, fragmentos da galaxia e o Levantador de minas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sobre o Premio de poesía M. González Garcés

[...] Ferreiro, Poetas, Premios literarios. Bookmark the permalink. Post a comment or leave a trackback: Trackback URL. « Comunicado de Eduardo Estévez sobre o Premio GonzálezGarcés [...]