A CIG pide "medidas urxentes" para mellorar a sanidade pública e a atención aos maiores

Un plan de choque no Sergas e pensións que dependan directamente da Xunta, entre as demandas do colectivo de xubilados do sindicato

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG presentou este venres en Santiago unha campaña para pedirlle ao próximo Goberno da Xunta a adopción de cinco "medidas urxentes" para "dignificar" a vida dos maiores. Son reforzar a sanidade pública, pór en marcha un novo sistema de servizos de atención a persoas, recuperar a atención presencial, activar un plan de envellecemento activo e prevención da dependencia e reforzar as pensións e que sexa a Administración autonómica a que as xestione.

O colectivo trasladará a táboa reivindicativa ás organizacións políticas que presentan candidatura, á vez que iniciará unha campaña o 30 de xaneiro en Pontevedra, que continuará polo resto de cidades galegas durante o mes de febreiro para informar á cidadanía e presionar para que as reclamacións sexan asumidas polo futuro Goberno galego.

En nome do colectivo, Xepe Torres explicou as dificultades ás que se enfrontan actualmente as persoas maiores, debido a unha "falta de atención por parte da administración pública", tras 14 anos de "políticas de recortes e aminoración dos servizos públicos aplicados polo PP".

O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG presenta a súa campaña para reclamar ao próximo Goberno galego a adopción de 5 medidas para dignificar a vida dos maiores.. CIG
O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG presenta a súa campaña para reclamar ao próximo Goberno galego a adopción de 5 medidas para dignificar a vida dos maiores.. CIG | Fonte: Europa Press

"DESMANTELAMENTO DA SANIDADE"

Así, Torres denunciou o "desmantelamento e privatización da sanidade pública", con "listas de espera inadmisibles", os "atrasos na valoración da dependencia" e a "exclusión dos maiores da vida nas Administracións públicas e oficinas bancarias" debido á fenda dixital.

Ademais, lembrou que as pensións galegas son as segundas máis baixas de todo o Estado, no caso das mulleres con contías moi inferiores ás dos homes, case 400 euros menos ao mes, e que hai moitos maiores que viven nunha "soidade non desexada", en aldeas con escasos servizos e atención.

Polas razóns presentadas, o colectivo de xubilados e pensionistas da CIG "continúan a súa loita pola dignificación da vida das persoas maiores", coa idea de que "se os mínimos demandados ponse en marcha, algo empezará a cambiar nas súas vidas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta