Piden seis anos de cárcere para unha veciña de Lalín acusada de estafar 128.000 euros a un home con falsos investimentos

Por E.P. | PONTEVEDRA | 26/01/2024 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro martes, día 30, o xuízo contra unha veciña de Lalín acusada de estafar 128.000 euros a un home ao que prometeu investimentos moi rendibles que nunca realizou. Fiscalía pide para ela seis anos de cárcere.

Os feitos remóntanse ao ano 2018, cando a muller era administradora única dunha empresa de investimentos e servizos financeiros. Coa finalidade de obter beneficio económico, captou a un home como investidor a través dunha plataforma de investimento internacional especializada en compravenda de materias primas, principalmente petróleo.

Para avalar a súa actividade, entregoulle varios contratos supostamente concertados pola entidade, prometéndolle unha alta rendibilidade, aínda que sen intención de cumprilo. O home entregoulle para eses supostos investimentos varios pagos, ata un total de 128.000 euros.

Cumpridas as datas de vencemento dos investimentos realizados, a propósito de que "non cumpriría os seus compromisos", a acusada enviou documentación ao afectado simulando realizar transferencias ao seu favor.

Ata en dúas ocasións, a procesada propuxo ao home prórrogas do prazo inicialmente acordado para a entrega de remuneracións, ofrecéndolle beneficios extraordinarios e exhibindo para iso documentos simulados.

Ningunha das cantidades recibidas foi utilizada para realizar investimentos, se non que se utilizaron para compras e pagos en distintos establecementos. Ao home unicamente devolveulle 10.000 euros.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta