Liberdade a Otegi

A democratización da sociedade debe ser unha das principais prioridades do próximo goberno.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 15/08/2015

Comparte esta noticia
As próximas eleccións parlamentarias deben de terminar co goberno do PP e abrir un proceso constituinte. As forzas progresistas que logren formar goberno, deberán de tomar algunhas medidas parlamentarias de urxencia, co fin de acabar con toda a lexislación que atenta contra os dereitos políticos, sociais e económicos do conxunto dos cidadáns do Estado Español. Sendo os dereitos políticos e humanos una das prioridades, entre outras urxencias lexislativas. A lei mordaza e as similares deben de anularse de forma imperiosa. A resolución pacífica do conflito vasco é unha da tarefas deste futuro goberno. Para iso débese poñer en liberdade de forma inmediata a Arnaldo Otegi e os seus compañeiros de causa. Consideramos que se debe de iniciar rápidamente un dialogo entre os actores principais desta dilemática situación. Fai xa cinco anos o movemento independentista vasco abriu un profundo debate sen precedentes que concluíu cunha aposta inequívoca por vías exclusivamente pacíficas e democráticas, renunciando á violencia na súa reclamación do respecto á autodeterminación do País Vasco, e cunha disposición nítida a pechar totalmente, por medio da palabra e o diálogo, o longo conflito violento que abordelou a rexión desde fai décadas.
 
En outubro de 2011, ETA respondía positivamente ao chamamento realizado desde a Conferencia Internacional de Aiete (San Sebastián) que lle demandaba o cese definitivo da súa actividade armada de máis de 50 anos e a apertura dun proceso de diálogo. O Premio Nobel da Paz Desmond Tutu sinalou a Arnaldo Otegi, no seu día portavoz de Batasuna e hoxe secretario xeral de Sortu, como “o líder deste proceso de paz”. Efectivamente, Otegi foi o dirixente máis destacado entre aqueles que propiciaron nas forzas independentistas o debate sobre a necesidade de apostar pola palabra para solucionar todo conflito. A súa aposta por vías exclusivamente pacíficas e democráticas foi respondida coa súa arresto, en outubro de 2009, e coa súa posterior condena a máis de seis anos e medio de prisión por pertencer á organización política Batasuna, ilegalizada previamente polo Goberno español. Desgraciadamente, o fin da actividade armada de ETA, que mostrou a súa disposición a un proceso de desarme e de diálogo e reconciliación que teña en conta a dor de todas as vítimas, non trouxo consigo aínda resposta positiva algunha por parte do Estado español.
 
 
Arnaldo Otegi, cuxo caso foi recorrido ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, atópase nunha prisión española afastado dos seus familiares e amigos. Así están tamén preto de 500 presos vascos relacionados con este conflito. Dispersados en prisións afastadas ao País Vasco, frecuentemente incomunicados, esta realidade provoca, ademais, un castigo engadido aos seus familiares, abocados a percorrer longas distancias para poder visitalos. Ante isto, será necesaria a liberdade inmediata do home que soubo arriscar pola paz e a democracia, de quen apostou pola palabra cando parecía que ninguén o faría. A súa liberación e o final da política de afastamento, como paso previo á excarcelación temprana dos presos vascos, son pasos necesarios para poder alcanzar unha paz xusta e duradera na rexión. Consideramos que para lograr estes obxectivos, é necesario construír unha fronte ampla rupturista de esquerdas, dos pobos e nacións do Estado español, onde coincidan as esquerdas soberanistas coas esquerdas rupturistas. Si esta converxencia plásmase poderemos encarar máis contundentemente estas tarefas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.