Dous feridos tras envorcar un coche en Valdeorras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2024 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas nas últimas horas, tras a colisión de dous turismos en Valdeorras, e o envorco dun dos vehículos, segundo informou o CIAE 112-Galicia.

Así, o sinistro tivo lugar sobre as 20,00 horas, e foron varios particulares os que alertaron a Emerxencias, informando de que se produciu un choque entre dous vehículos e que un deles envorcara.

As testemuñas tamén sinalaron que, no vehículo envorcado, había dúas persoas maiores atrapadas que, aínda que parecían atoparse ben, non podían saír polos seus propios medios. O 112 Galicia informou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros e o GES de Valdeorras, á Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil. Os bombeiros excarceraron aos ocupantes do coche envorcado, que foron evacuados en ambulancia a un centro sanitario.

Ambulancia nunha emerxencia no rural galego
Ambulancia nunha emerxencia no rural galego | Fonte: A. Chamadoira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta