O PP esixe ao Goberno que "cumpra a lei" e financie o 50% da dependencia en Galicia

Foi o senador 'popular' por Ourense, Francisco Fernández, que se dirixiu a Montero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2024 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O senador 'popular' por Ourense Francisco Fernández esixiu ao Goberno central que financie o 50% da dependencia en Galicia, tal e como establece a lei. Nunha pregunta á vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, Fernández denunciou que "a achega do Estado á dependencia no ano 2020 foi a máis baixa desde 2007", á vez que lembrou que no pacto de Pedro Sánchez co PNV e o BNG, "o Goberno comprometeuse a financiar o 50% do custo da dependencia de maneira inmediata".

Na súa intervención, o senador do PP puxo como exemplo as cantidades investidas en Servizos Sociais polo cinco concellos que conforman a Mancomunidade de Ribeiro: 763.400 euros.

Así, indicou que da devandita cantidade a Xunta colaborou cun 66%; a Mancomunidade cun 22%, e o Goberno cun 12%. "Nós investimos un 88% en dependencia. E vostedes?", reprochoulle a Montero. "En Galicia non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco consentiremos ser menos que ninguén", remarcou Francisco Fernández, tras o que insistiu en que a vicepresidenta "ten a obrigación de cumprir a lei e de financiar o 50% da Lei de Dependencia".

O deputado 'popular' Francisco Fernández.. PP
O deputado 'popular' Francisco Fernández.. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta