Marta Lois pide a mobilización das mulleres o 18F porque "serán decisivas no cambio político" en Galicia

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/02/2024 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A candidata de Sumar á presidencia da Xunta, Marta Lois, participou este sábado en Santiago no encontro 'Galicia, territorio das mulleres' no CSC Maruxa e Coralia, xunto á portavoz adxunta de Sumar no Congreso, Aina Vidal, e varias candidatas, onde reivindicou "que as mulleres serán decisivas no cambio político histórico do 18F".

Marta Lois reivindica a importancia do voto das mulleres, con Aina Vidal
Marta Lois reivindica a importancia do voto das mulleres, con Aina Vidal | Fonte: SUMAR GALICIA

No acto, Lois puntualizou que "o verdadeiro voto útil, o voto decisivo para deixar atrás as políticas de abandono e de malos tratos en Galicia que teñen que ver co señor Rueda", é o voto das mulleres, que son "a voz de Sumar Galicia".

Ademais, pediu ás mulleres e á xente nova a súa mobilización o 18 de febreiro para votar a Sumar Galicia e facer que o Partido Popular perda a maioría absoluta e que Galicia teña "un goberno a tres". Pois "Sumar quere moito máis", queren políticas feministas, onde as mulleres estean no centro.

A candidata de Sumar tamén recalcou que o partido ten "políticas útiles" e que son "unha forza política feminista, verde e laborista", que xa demostrou no Estado que as políticas útiles do goberno de coalición melloran a vida das mulleres, por exemplo, expuxo, a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), que "permitiu que 136.000 galegas mellorasen as súas condicións".

A SAÚDE DAS MULLERES

Doutra banda, Vidal falou, en materia de sanidade, da proposta de ampliar a carteira de servizos da Seguridade Social como o dentista ou o oculista, e engadiu dúas propostas "fundamentais" no relativo á saúde das mulleres, a rehabilitación xinecolóxica e a adición de produtos de hixiene xinecolóxica e de curas femininas á carteira de medicamentos cubertos pola Seguridade Social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta