Novas axudas para que os universitarios galegos melloren competencias en linguas estranxeiras durante o verán

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2024 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abriu a convocatoria das axudas para que os alumnos das universidades públicas galegas realicen estancias noutros países durante o verán de 2024 para mellorar a súa competencia en linguas estranxeiras. A orde está publicada este luns no Diario Oficial de Galicia.

Segundo ela, as persoas solicitantes deberán acreditar que van realizar un curso de idiomas presencialmente no período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2024, ambos inclusive, cun mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co oficial do país elixido e ser diferente do español.

O orzamento total da convocatoria é de 228.000 euros e a dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200 euros para estancias realizadas en países de Europa e de 1.500 euros para estancias no resto do mundo. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de marzo e deberán facerse obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta.

As persoas solicitantes deben estar matriculadas no curso 2023/24 en como mínimo 50 créditos (excluídos os recoñecidos, convalidados ou adaptados) de estudos de grao nas universidades públicas galegas. Ademais, deben superar 60 créditos a data do 30 de setembro de 2023, excluídos tamén, os recoñecidos, convalidados ou adaptados.

Estudantes universitarios
Estudantes universitarios | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta