Tres feridos nunha colisión múltiple en Boiro, con 5 vehículos implicados

Tamén houbo outros dous accidentados en Vilamaior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2024 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Unha colisión múltiple con 5 vehículos implicados saldouse este xoves con tres persoas feridas, en AG-11, ao seu paso polo municipio coruñés de Boiro, segundo informou o CIAE 112-Galicia.

O sinistro tivo lugar sobre as 7,30 horas, no quilómetro 21 dese viario, na parroquia de Cespón, e varios particulares contactaron con Emerxencias. Un deles foi un dos condutores implicados no accidente, que relatou que chocara contra algo na estrada, sen saber aclarar de que se trataba, e como consecuencia dese choque, outros vehículos chocaran co seu.

O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Boiro, á Garda Civil e a Protección Civil de Boiro. Unha vez no lugar, os equipos que interviñeron confirmaron que foron 5 os vehículos implicados, e que tres persoas tiveran que ser trasladadas polos servizos sanitarios, aínda que o seu estado, en principio, non revestía gravidade.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

ACCIDENTE VILAMAIOR

Por outra banda, dúas persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado nas últimas horas, na AC-151 en Vilarmaior (A Coruña), ao seu paso pola parroquia de Doroña, tras saír da vía o vehículo no que viaxaban.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta