Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2024 | Actualizada ás 17:18
Un total de 218 militares embarcados en buques da Armada ou despregados en operacións internacionais pediron o voto por correo para as eleccións galegas. O Ministerio de Defensa, para garantir o dereito de sufraxio activo, xestionou o voto por correo e o prazo finalizou este xoves.
Estes militares pertencen ao continxente do Exército de Terra despregado en Eslovaquia, así como ás dotacións de dez buques da Armada. A documentación electora entregárona o pasado 31 de xaneiro ao Exército de Terra e á Armada para trasladalo aos diferentes buques e zonas de operacións onde están despregados os militares solicitantes do voto.
Unha vez emitidos, os votos trouxéronos a España para a súa entrega o pasado mércores 14 de febreiro, dentro do prazo establecido na Oficina Central de Correos, que finalizou este xoves.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.