Datos do 18F.- O que lle custa aos partidos sacar un escano

Aos populares e nacionalista foilles máis doado ter máis escanos con menos votos pola Lei D'Hondt.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2024 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

Os socialistas quedaron a 11 votos de gañar o deputado en Ourense. Unha circunstancia que se produce polo efecto da Lei D'Hondt, un método electoral para repartir os escanos dun parlamento de modo proporcional ós votos acadados polas candidaturas de maior a menor proporcionalidade.

Escanos gañados e perdidos polos partidos nas eleccións do 18F
Escanos gañados e perdidos polos partidos nas eleccións do 18F

Por iso, e debido a esta lei de proporcionalidade de votos, os principais penalizadas son as formacións con menos votos.

De feito, ao PSdeG custoulle máis de 23.000 votos acadar deputado, mentres que aos nacionalistas pouco máis de 18.600 e aos populares 17.500. Pola contra, Democracia Ourensana só tivo que sacar 15.312 papeletas para ter representación por Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O PSdG de Ourense onde meteu a Villarino ¿alguén lembra hoxe a súa existencia? Pois cicais teña moito que ver cos votos que apañaou Jácome ! Está ben ter un Deputado no Hórreo que sabemos o que vai facer : Refunfuñar A honestidade sempre ten un valor... ha ha ha