Xosé Cuíña volve ao consistorio de Lalín por aclamación nas redes sociais

O actual goberno, que dirixe o seu fillo, coloca a súa estatua nun xardín próximo o edificio municipal tras unha consulta popular a través das redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 02/09/2015 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

“A estatua de Xosé Cuíña xa está no seu novo emprazamento”, escribía orgulloso no seu perfil de FB o seu fillo e actual rexedor de Lalín, Rafael Cuiña. E é que que o concello que preside decidiu trasladar a estatua de Xosé Cuiña ás inmediacións do consistorio. A obra colocouse no xardín próximo á avenida que leva o seu nome. Unha decisión que o actual alcalde decidiu tomar tras someter a proposta a debate nas redes sociais.

A escultura de Xosé Cuíña foi trasladada a un xardín preto do consistorio
A escultura de Xosé Cuíña foi trasladada a un xardín preto do consistorio

A estatua en bronce, a tamaño natural, é obra do escultor Buciños que tentou captar un xesto expresivo para transmitir a personalidade de Xosé Cuíña, que caíu en desgracia logo do desastre do Prestige tras as manobras dun sector do seu propio partido. Para sufragar esta obra realizouse unha subscrición popular con varias contas en cinco entidades bancarias de Lalín.

A escultura foi inaugurada o 27 de decembro de 2008 nunha homenaxe  que xurdiu por parte dun grupo de empresarios da comarca e outras zonas de Galicia tras o falecemento de Cuíña. A obra foi o último gran recoñecemento ao político lalinense  tras a concesión do título de Fillo Predilecto e a dedicatoria dunha avenida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Un de Lalín

Cuiña é a persoa máis importante da historia de Lalín. O fillo vai camiño.

1 Ribeiro forever

En Ourense tamén dicían que Baltar era o político máis importante da historia de Ourense. Rematou inhabilitado. E como remate en algo o da Pokemon, ao mellor vai ao talego. Aínda que claro, sempre se dixo que Cacharro Pardo tiña participación en todos os negocios de Lugo e morreu antes de que se puidese probar algo. Claro, a xente que é moi mala

4 Berto Rodríguez

Para mexarse de risa. Patético xesto de xenuflexión ante o cacique que recorda a estatua a José Luis Baltar colocada no concello de Baltar hai algúns anos por un alcalde que logo rematou no cárcere. Só a Galicia máis cutre e atrasada pode axeonllarse deste xeito. Sería bo coñecer se había algúns dos que pediron este peloteo que non foran provedores ou traballadores das empresas do clan, traballadores do concello, ou aspirantes a algo diso. Xa nos podemos imaxinar o seguinte. Cambiar o nome de Lalín, por Vila Cuiña

3 A poeira do tempo

Despois de ollar para esta cousa que lle chaman monumento, non me queda mais que reflexionar sobre o papel que cumpriron certos escultores ou artistas que caeron (vítimas?) das redes clientelares dos políticos que protagonizaron toda esa galega e funesta época, que aínda pagamos, dos concellos saídos do rexime da Restauración monárquica de 1978. Que cousas fixeron, firmaron e cobraron!

2 Alfaia

Falta poñer ao seu carón a Pablo Crespo, a súa man dereita no PP galego.

1 EstadesTolos

Estatua ao cacique por aclamaçom nas redes sociais? Sem palavras, e isso que o pagarom cos cartos dos impostos nom? Moito filho de amigo debeu meter na Xunta e moita pista tivo que asfaltar o home esse pra que lhe queiram tanto.