Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/02/2024 | Actualizada ás 16:33
A Policía Nacional detivo a nove veciños de Vilagarcía de Arousa no que vai de ano por delitos tráfico de drogas, á vez que desarticulou varios puntos negros de venda polo miúdo. Os detidos foron interceptados cando levaban a cabo diferentes transaccións de droga en plena vía pública. Os axentes identificáronos e atopáronse ocultas nas súas roupas varias doses de cocaína e heroína.
Segundo informa a Policía nun comunicado, nun dos últimos dispositivos que se efectuaron na zona de lecer de Vilagarcía, os axentes interceptaron un vehículo e localizaron no seu interior repartidos en difererntes habitáculos, varias doses de cocaína. O condutor e o copiloto foron detidos por tráfico de drogas.
Desde o 1 de xaneiro ata a actualidade, incautáronse un total de 86 gramos de cocaína e 1,2 gramos de heroína. Os axentes destacan o traballo das unidades de investigación de policía xudicial xunto coa delegación de participación cidadá, a través da cal se canalizaron as queixas veciñais pola existencia dos puntos negros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.