O PIB de Galicia crece un 1,8% en 2023, por baixo do 2,5% de España

Os postos de traballo aumentan en case 20.000.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2024 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A economía galega creceu no ano 2023 un 1,8%, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres. O aumento do Produto Interior Bruto (PIB) está por baixo do avance do 2,5% de España --segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados a finais de xaneiro--.

Deste xeito, o PIB de Galicia encadea tres anos consecutivos de crecemento despois de 2020, ano no que houbo unha acusada baixada debido ao impacto da pandemia. O IGE indica tamén que o PIB aumentou un 1,8% no último trimestre de 2023 respecto ao mesmo período de 2022, mentres que a taxa aumentou un 0,8% en comparación cos tres meses anteriores.

Nun comunicado, a Consellería de Facenda explica que "se cumpre a revisión á alza das previsións macroeconómicas feita polo Goberno galego o pasado mes de outubro, proba do realismo e a prudencia nas estimacións dos orzamentos autonómicos". Desde o punto de vista da demanda, no ano 2023, a demanda externa achegou un punto porcentual, cun crecemento do 1,5% das exportacións, mentres a demanda interna achegou 0,8 puntos no que se refire a a oferta, o sector da industria creceu un 2,5%; e os servizos aumentaron un 2,3%, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalaría (4,3%).

No conxunto do ano 2023, os postos de traballo equivalentes a tempo completo subiron un 2% en Galicia, o que supón un incremento de 19.989 postos respecto ao ano anterior.

O PIB galego creceu un  BBVA RESEARCH
O PIB galego creceu un BBVA RESEARCH

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta