Publicada a resolución das 4.050 prazas de atención especializada para persoas con discapacidade

Os concertos teñen unha duración de catro anos con posibilidade de prórroga ata o dez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2024 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución das que recolle a concesión de 4.050 prazas de atención especializada para persoas con discapacidade en centros da comunidade. Este novo concerto súmase aos xa resoltos anteriormente, cos que ascenden a 5.000 as prazas concedidas a través dun investimento de 100 millóns de euros, segundo explicou a Xunta nun comunicado.

Os concertos teñen unha duración de catro anos con posibilidade de prórroga ata o dez. En concreto, atribúense 33 prazas especializadas nos coidados as persoas que sofren enfermidades mentais; 257 para persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA); outras 258 para persoas con discapacidade física; 293 para a atención a persoas con parálise cerebral e 4.050 prazas para a atención de persoas con discapacidade intelectual.

Centro da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS)
Centro da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) | Fonte: DAVID CABEZÓN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta