Concentracións a favor da República Árabe Saharaui e de Palestina a fin de semana en Galicia

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/02/2024 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A ocupación do Sáhara e a guerra en Gaza centrarán esta fin de semana novas protestas en distintas cidades galegas convocados por distintas asociacións e colectivos sociais, ecoloxistas e antimilitaristas .

Crianzas saharauís
Crianzas saharauís | Fonte: mrnmagazine.com

Así, na Praza da Quintana terá lugar este sábado 24, terá lugar a primeira concentración para conmemorar que o 27 de febreiro de 1976 proclamouse a República Árabe Saharaui Democrática en Bir Lehlu, un día despois da saída do último soldado español do territorio. Hai xa 48 anos, o Congreso Nacional Saharaui, a través do seu Secretario Xeral Ali Beiba, anunciou a creación dun "Estado libre, independente e soberano, rexido por un sistema nacional democrático e progresista".  Pero a ocupación de Marrocos deste territorio impediu esta posibilidade.

Ante a falta de cooperación para unha solución negociada baseada nun referendo, as organizacións convocantes esixen a expulsión do ocupante marroquí e que o Goberno español asuma a súa responsabilidade como a potencia administradora do territorio e, por tanto, a obrigación de protexer á sociedade civil saharaui.

PALESTINA

Por outra banda, o vindeiro domingo 25 de febreiro terán lugar novas protestas nas rúas galegas contra o xenocidio en Palestina e polo final do comercio de armas e as relacións con Israel. As protestas terán lugar  na Coruña na coraza do Orzán, na Praza Maior de Lugo, na das Mercedes de Ourense ou en Urzaiz/Via Norte de Vigo.  Todas elas serán ás 12.00 horas.

Entre as entidades convocantes están a Comunidade Saharaui en Galiza, Ecoloxistas en Acción, Centro Social Escarnio e Maldicir, Encontro Galego Contra a OTAN, Espazo Aberto Antimilitar, Mocidade pola Independencia, ADEGA, Centro Social A Hedreira, Cooperativa Arbore, Digital Nueva Revolución, BDS Galiza, Verdegaia, Asociación Cultural Fucobuxán, Colectivo Republicano de Redondela, Ceivar, Juventud Activa Saharaui, Red Ecosocial Saharaui e Lugo por Palestina.

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta