O BNG e Anova dispostos a dar pasos adiante por unha lista común

O Bloque acepta ir en listas con forzas do Estado e co obxectivo de acadar grupo parlamentario propio. Beiras alerta do fracaso dun momento histórico. Tamén Cerna apoia unha lista conxunta "en réxime de autoconvocatoria".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/09/2015 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O BNG e Anova queren que haxa unha lista de unidade popular para as vindeiras xerais. Por iso, ambas forzas traballarán para chegar a un consenso ao longo deste mes. Así o exprsou este sábado, tanto o Consello Nacional do BNG, como o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras.

Manifestación do BNG no Día da Patria de 2014
Manifestación do BNG no Día da Patria de 2014

Beiras expresou o o seu compromiso de continuar co diálogo con outras forzas políticas para articular un "suxeito político galego", pero advertiu da frustración que xeraría na cidadanía un fracaso do proceso de converxencia.

"O máis importante é articular un suxeito político galego e para iso hai que ter responsabilidade porque estamos nunha conxuntura histórica na que calquera que non contribúa a iso será responsable de provocar frustración na cidadanía, en toda a xente que loita, os labregos, na xente do ensino, a xente da sanidade, os cidadáns", dixo.

Beiras atribuíu dita responsabilidade a "quen non estea disposto a saltar as fronteiras e marcos das súas leiras e articularse", xa sexan as mareas, Podemos ou o BNG, enumerou.

En declaracións aos xornalistas tras a reunión da coordinadora nacional de Anova, Beiras anunciou que o seu grupo participará na reunión do próximo 12 de setembro con outras forzas políticas sobre unha proposta de candidatura de unidade galega e continuar co diálogo "para contribuír na medida en que podamos a articular con distintos actores e pezas a conformación dun suxeito político galego".

Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras
Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras

Un obxectivo que non fixa só de cara ás próximas eleccións xerais, senón que constata que xa se está dando na sociedade civil mediante un "proceso de ruptura", como ocorre, dixo, coas protestas do sector lácteo ou polo hospital de Vigo.

Anova mantivo esta semana contactos coa Marea Atlántica, Compostela Aberta, BNG, Podemos, Compromiso por Galicia ou Esquerda Unida para realizar un balance de situación.

BNG

Tamén o BNG deu un paso cara adiante. O Consello Nacional do BNG, primeiro no novo curso político, aprobou a unha proposta da Executiva nacionalista para ir nunha gran lista de unidade popular que, inclúa, outras forzas políticas estatais, como pode ser o caso de Esquerda Unida ou Podemos.

O seu obxectivo é “promover un amplo proceso social coa finalidade de articular unha candidatura nacional galega de unidade”. Por iso, aposta por apoiar “todos os procesos de confluencia que promoven diferentes plataformas e iniciativas”.

A formación nacionalista considera que na terceira semana de setembro debe estar “clarificado o panorama” para saber cales son as alternativas, as plataformas e as forzas políticas que conflúen nesa grande candidatura galega para o Congreso. “Ten que ser unha candidatura para derrotar os proxectos neoliberais e centralizadores que representa a dereita española”, sintetizou.

Desde o BNG imos contribuír a que sexa o máis ampla e o máis profunda posible esa integración e esa confluencia de diferentes iniciativas, plataformas e forzas políticas”, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence, tras subliñar o traballo feito polo Bloque nesa dirección ao longo das últimas semanas, con contactos con forzas políticas e plataformas cidadáns.

Vence fixo referencia á importancia da data do 12 de setembro como punto de encontro en réxime de autoconvocatoria das diferentes plataformas, das forzas políticas e do conxunto da cidadanía que queira participar para debater sobre a proposta de candidatura galega de unidade para o Congreso.

Amais de “animar” á confluencia da unidade electoral en clave de país, o BNG iniciará unha campaña de “socialización” da súa aposta pola candidatura galega de unidade que promove desde fai meses, -mesmo renunciando as súas siglas-, que se debaterá en asembleas abertas por todas as comarcas coa participación da militancia e de todas as persoas sen adscrición partidaria que queiran sumarse ao debate.

Esta iniciativa se complementa cunha campaña informativa sobre as vantaxes para o país de ter unha “representación potente en Madrid”, -como a que daría un grupo parlamentario propio-, “en base á experiencia do traballo do BNG no Congreso nos últimos vinte anos”, indica Vence, “e explicar os grandes retos que ten o noso país na súa relación co Estado”.

“Trátase de clarificar e compartir coa cidadanía porqué é crucial que o país teña unha gran representación para defender os nosos intereses, un modelo social e económico que nos permita saír da crise, defender os nosos sectores produtivos para xerar emprego e frear a sangría migratoria como consecuencia das políticas nefastas que aplica o PP”, argumenta o dirixente nacionalista.

Por iso, o Bloque desenvolverá unha campaña política “de difusión e de concienciación da necesidade de ter unha alternativa potente e unitaria galega para ter unha gran representación en Madrid e ese será un dos eixos da actividade do BNG de aquí á campaña das elección xerais”, insistíu.

Cerna

Pola súa banda, a Coordinadora Nacional de Cerna tamén aposta por unha lista conxunta. Nunha xuntanza realizada este sábado, aposta pola "materialización dun encontro en réxime de autoconvocatoria" para a unificación dos distintos espazos de intervención cidadá e, logrado este obxectivo, amplialo a todos os axentes interpelados neste proceso de confluencia, para “construír unha alternativa de unidade popular para unha única candidatura galega”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

13 Xabrónparaparvos

O de sempre, os trolls contando o conto de que si o BNG non lles cubre as súas expectativas, ou que se AGE non é realmente o que esperamos. E todos os que os crean a agardar que veña o mesías que poña de acordo aos trolls e fiquemos todos contentos...mentras os que pagan tanta trollería seguen a gobernar no nome do César. Idevos lavar un pouquiño PPSOEIROS.

12 SantiBurringuez

Bueno, vamos a ver, si o BNG pacta co vello de Beiras y con os comunistas españois y outras forzas terroristas, eu sentíndoo moito vou a votar polo PP e o meu amigo Feijoo, que fala o galego casi tan ben como eu. Todavía o BNG está a tempo de non cometer ese error y eu espero que non o cometa, pero si o comete... Me parece a min que a xente anda medio loca y está un pouco desmadrada pero bueno, a min que me quiten o bailado como di o meu amigo Farruquito.

11 nostrus

As ideas destes dous non son honestas, tan so queren embarcar a Galicia nunha deslealdade que non é acorde co seu caracter. Galicia é leal e española, orgullosa da sua identidade e incapaz de enxendrar o odio e o egoismo que o nacionalismo pretende introducir. Nacionalismos non, por favor.

1 Ana

¿Acaso é odio e egoismo desexar vivir nunha Galiza prospera donde ninguen teña que emigrar e donde a nosa lingua teña presenza en todolos ambitos?. Se mañan se independizan Catalunya, Euskadi... ¿que vai quedar de España?. Por certo, para min antes que España esta Iberia que é a union de diferente pobos soberanos que viven en liberdade, e iso non quita que podan ser solidarios entre si.

2 nostrus

Ana, para tener una Galicia próspera no hace falta renegar ni renunciar a nada, ni hace falta excluir a los demas compatriotas con los que compartimos nacion. No comprendo que te molesta de los canarios o andaluces para no querer convivir con ellos. No creo que Cataluña ni Euskadi se independicen y en cuyo caso solo conseguirian tener la libertad mas pequeña. Tambien te confundes con el idioma gallego al que quieres convertir en religion de obligado cumplimiento, ya que usa el gallego todo aquel que lo desea

3 Rayleigh

Vaia...Asi que Galiza é próspera? Independencia? Descuida. O desastre do goberno do Estado Español xa procura que non podamos optar a iso. En canto o idioma galego, tamén estás seguro? A nena que foi expulsada do campamento por usar galego, puido usalo? Ou quizais a persoa que foi desprezada por empregar o galego nesa páxina de compartir vehículo? Non vin a ninguén da túa secta (Galicia Bilingüe) queixarse. Ou están collendo folgos para cando lle peguen a patada a Feijóo e volver a montar aquelarres? Xa sabemos que o castelán SI QUE É DE OBRIGADO CUMPLIMENTO. Si moi suave, pero nas túas maneiras se te nota de onde ves: Galicia bilingüe e votante de UPyD. Ese é o problema da xentiña coma ti: que vos credes que ninguén se da conta do que sodes: Suaves nas vosas formas, ata que vos levan a contraria. Liberdade? jajajaj..machiño. Na túa adourada España, non se decide nada, sen que dé o seu permiso Alemaña! Este se cre o que sae nos medios e ven a dar leccións!!

10 independentista catalan

señores no sean torticeiros non sexan trolls non se metan asi co ancian jose manuel Beiras torrado, e o momento de galiza os tempos son chegados dos bardos das edades... señores os peligrosos son os podreiros eses sinvergüenzas e golfos de Vallecas eses madrileños que non saben nada de Galiza e a sua cultura, que non saben das necesidades económicas de Galiza, señores.... señores... riobobo vai cobrar 3.000 euros a costas dos militantes sobres directos que chegan de Waldo e outros cobrar mil euros por decir si señor... si mi Waldo y heil expaña....

9 Ana

Con Podemos non, que son mais do mesmo. Eses saen demasiado nos medios de comunicacion (e preguntadevos quen financia os medios) como para ter o meu voto. Mellor a unidade do nacionalismo galego e a xente do comun, e unha lista aberta na que entren parados, gandeiros, afectados polas preferentes, emigrantes, autonomos,etc. A cidadania xa di "Basta" de listas pechadas, enchufismos, caciquismo, despilfarro... e xa é hora de pensar no ben comun.

1 Volare

Si, muller si, sempre o mesmo, pero se fose como ti contas non habería máis siglas que militantes como pasa agora. Cada cual vai polo seu postiño, e de caciques non sabemos nada, verdade Rafa?