O turismo e o sector do automóbil fan que Galicia creza un 2,4% en 2023, "mellor do esperado"

O Foro Económico apunta a un comportamento da economía galega en 2023 "mellor das expectativas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2024 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia tivo un crecemento medio ao longo de 2023 do 2,4%, unha "cifra superior ás expectactivas coas que comezara" o ano, cun comportamento "mellor" do esperado.

Este indicador que elabora o Foro Económico en función de diferentes variables apunta a un comportamento positivo motivado "por unha evolución salientable do turismo" en Galicia, así como a recuperación do sector do automóbil. A pasada semana, o Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou os datos do PIB de Galicia en 2023, que crece un 1,8%, por baixo do avance do 2,5% en España.

No tocante só ao mes de decembro, o Indicador creceu un 2,9% en termos interanuais respecto ao mesmo mes de 2022, o que supón unha moderación dun décima respecto ao mes de novembro, que foi a cifra máis alta do ano. O Foro recolle 15 variables, das cales nove alcanzan un valor positivo, con repunte das exportacións.

De cara a 2024, o Foro Económico apunta que "persisten os factores de incerteza económica que veñen caracterizando os últimos meses dentro dun contexto económico internacional con algún síntoma de estancamento, especialmente nalgúns países veciños europeos como Alemaña".

Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela
Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta