Millán Mon (PP) pídelle ao Parlamento Europeo que rebaixe a protección dos lobos

Di que esa postura "vai na liña co de defendido desde 2021 pola Xunta de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O eurodeputado do Partido Popular Francisco Millán Mon defendeu no Parlamento Europeo a necesidade de que o Consello tome "unha decisión urxente" a favor dunha modificación do estatuto de protección dos lobos no Convenio de Berna. O debate contou coa participación da comisaria de Enerxía Kadri Simson e o secretario de Estado belga Mathieu Michel.

Francisco Millán Mon celebrou que a Comisión se abrise a revisar o nivel de protección do lobo en Europa e lembrou que esa postura "vai na liña co de defendido desde 2021 pola Xunta de Galicia e outras rexións afectadas por esta problemática en España".

O eurodeputado galego fixo fincapé na necesidade de que o Consello tome unha decisión "canto antes", para permitir así que a Unión Europea presente a proposta de modificación do estatuto de protección do lobo na próxima reunión do Comité Permanente do Convenio de Berna.

Millán Mon insistiu en que non se poden ignorar "as lexítimas preocupacións" de quen vive no campo e, en especial, dos gandeiros europeos. Tras subliñar que estes se enfrontan actualmente a un problema serio coa recuperación da especie, engadiu "urxe alcanzar un equilibrio entre os intereses do sector primario e a conservación do lobo".

No debate en Estrasburgo este mércores, Millán Mon resaltou que a cuestión do lobo é un asunto de moita relevancia para comunidades como Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León. Desta maneira, tamén aproveitou para dirixirse ao Goberno de España para que "corrixa" as súas decisións sobre a protección do lobo.

O eurodeputado do PP Millán Mon nunha intervención no Parlamento Europeo. PARTIDO POPULAR EUROPEO
O eurodeputado do PP Millán Mon nunha intervención no Parlamento Europeo. PARTIDO POPULAR EUROPEO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta