Aldeas Infantís alerta de que un home alleo á organización se fai pasar por un colaborador de rúa en Galicia

Aldeas Infantís SOS en Galicia alertou de que un home "totalmente alleo" á organización faise pasar por colaborador de rúa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2024 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Aldeas Infantís SOS en Galicia alertou de que un home "totalmente alleo" á organización se fai pasar por colaborador de rúa.

Segundo informou a asociación, conta cunha acreditación falsa, con folletos e outros materiais, tamén falsos, cos que chamou á porta de varios domicilios privados coa intención de obter diñeiro de forma fraudulenta.

Por iso, a entidade pediu colaboración e difusión co fin de evitar que o home siga usando o nome da organización e cause prexuízos á cidadanía.

Nenos, nenas, adolescentes e mozas en situación de vulnerabilidade
Nenos, nenas, adolescentes e mozas en situación de vulnerabilidade | Fonte: ALDEAS INFANTÍS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta