Cando o mar galego produce luz

Esta fin de Semana Carnota foi escenario dunha Ardentía ou Mar de Ardora, un proceso que se produce cando un tipo de alga emite luz para protexerse.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 10/09/2015 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Vagones del convoy siniestrado en Santiago de Compostela en 2013

Ardentia ou Mar de Ardora cazada no Pindo porVíctor Solís, de Costameiga.com
Ardentia ou Mar de Ardora cazada no Pindo porVíctor Solís, de Costameiga.com

O mar da Costa da Morte, concretamente, na praia de San Pedro do Pindo, en Carnota, iluminouse na madrugada do domingo ao luns. Un espectáculo que puido rexistrar a cámara de Víctor Solís, de Costameiga.com.

Avisado polo seu amigo Juan Serrano, propietario catalán da Casa Noutigos, tamén afeccionado á fotografía, achegouse ata o medio e medio do areal, sacou o trípode e abríu o obturador 30 segundos para captar esta marabilla da natureza. Chámase Ardentía, ou Mar de Ardora, e é provocada por unha “alga que se chama Noctiluca que se ilumina como un mecanismo de defensa para evitar ser comida”.

“Deste xeito, se un peixe quere comela, ilumínase, e outro depredador máis grande o atoparía fácil para comelo el”, segundo contan os compañeiros de 4gotas, que recoñecen que “é un fenómeno que ocorre de cando en vez en Galicia e crea estampas incríbles”. Seguindo esa liña natural, a evolución puido continuar por dous camiños: “ou ben os peixes aprenderon e non a comen para non ser comidos, ou ben as especies que comían algas iluminadas morreron”.

Segundo apunta o propio Solís, é un fenómeno que se adoita dar a finais do verán, cando a auga está máis quente, pero que é “moi difícil de fotografar. Fas 40-50 fotos e aproveitas unha e un pouco forzada”, recoñece despois de publicar esta imaxe, con Fisterra ao fondo, o Faro iluminadísimo e o carrumeiro polo medio e un barquiño. “Evidentemente ten unha exposición longa duns 30 segundos, polo que efecto está un pouco esaxerado”, pero cando se achegaban á beira do mar a imaxe era impresionante: “era como un rotulador fluorescente atravesando cada onda”.

Nova do medio colaborador Que Pasa na Costa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta